Agenda

Venezuela na encrucillada. Angelo Rivero Santos. Encontros Americanos na Granell
-
4 de febreiro de 2026

 

Venezuela na encrucillada.

Angelo Rivero Santos. 

Mércores, 4 de febreiro, 2026. 19.00 h

Aula 8, Facultade de Xeografia e Historia, Santiago de Compostela

 

A extracción do presidente Nicolás Maduro por medio dunha intervención militar o 3 de xaneiro pasado coloca a Venezuela, a súa relación con Estados Unidos, e a América Latina e o Caribe, nunha encrucillada. Como chegaron ambos países a esta situación? Como pode afectar esta intervención ao futuro político de Venezuela e o dos seus países veciños? Cales poderían ser os vindeiros pasos de Estados Unidos en Venezuela e na rexión? Esta charla busca expor algunhas reflexións analíticas desde o campo das Relacións Internacionais sobre unha situación en desenvolvemento cun desenlace que é incerto.

Angelo Rivero Santos é profesor para a Ensinanza na Facultade de Servicio Exterior da Universidade Georgetown en Estados Unidos onde exerce como Director Académico no Centro de Estudios Latinoamericanos desa facultade. As súas áreas de ensinanza e investigación a nivel de posgrado céntranse en relacións internacionais, con énfase no hemisferio occidental, e na política e o desenvolvemento en América Latina e o Caribe. Entre xaneiro de 2007 e marzo de 2013 tomou un receso da súa actividade académica en Georgetown para prestar servicio como diplomático ante a Casa Blanca representando a Venezuela como Ministro Conselleiro e Segundo de Misión, sendo designado como Chargé d'Affaires pola metade do seu tempo en servicio.

 

Os Encontros Americanos na Granell teñen como fin ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América a través dun
programa de conferencias mensuais que abordan temas culturais, políticos, sociais, económicos ou de actualidade, de interese público e carácter
divulgativo.

Os Encontros teñen lugar na Fundación Eugenio Granell, organizados polo Grupo de Historia de América (HistAmérica) da USC, e cofinanciados pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura a través da súa convocatoria de axudas de dinamización cultural.

Os seus participantes son especialistas procedentes do ámbito académico americano, español ou europeo, así como profesionais vencellados á realidade da rexión nas súas múltiples facetas.