Agenda

Presentación do libro Crónicas transatlánticas. De cinza e sal de Bieto Alonso
-
11 de maio de 2026

Presentación do libro Crónicas transatlánticas. De cinza e sal

Bieito Alonso Fernández

Luns, 11 de maio, 2026. 15 h.

Aula 12 da Facultade de Xeografía e Historia, Universidade de Santiago de Compostela

 

Os grupos de investigación HISTAMÉRICA e HISTAGRA organizan a presentación do libro Crónicas transatlánticas. De cinza e sal, obra do historiador Bieito Alonso Fernández, que participará no acto.

Publicado por Edicións Laiovento, o volume recupera a memoria de traballadores marítimos emigrantes

 

Fragmento inicial da Introdución:

 

"Estas son historias de emigrantes. Crónicas de emigrantes. Como de tantas outras persoas que acordaron abandonar o territorio de orixe e instalarse, por máis ou menos tempo, nos lugares de acollida. Foron traballadores, apenas cualificados, que exerceron a súa ocupación laboral en condicións de grande dureza, en ámbitos pragados de explotación e discriminación, illados de moitos dos seus coetáneos emigrantes, porque o seu mundo era moito máis fluído, máis volátil, máis líquido. Eran traballadores marítimos. E, máis do que nos puidera parecer, algúns deles tamén exerceron como sindicalistas, como verdadeiros líderes sociais desa clase de traballadores desposuídos e abandonados. E, por suposto, a súa memoria permaneceu oculta. Como a de tantos outros traballadores e traballadoras. Tan oculta como era existencia dos fogueiros, sempre entalados por baixo da cuberta, como homes-máquina que acompasaban o seu ritmo vital coa cadencia das caldeiras, dos motores e das ordes que viñan de enriba. Tan oculta como as vidas fuxidías, tal que sombras, dos homes que cargaban e descargaban os barcos, invisibles no seu traballo para aqueles que só vivían obsesionados pola garantía da carga."