Javier Milei e a emerxencia da dereita radical en Arxentina.
Daniela Slipak
Mércores, 18 septembro, 2024. 19.00h
Fundación Eugenio Granell, Praza do Toural s/n
Sen estrutura partidaria nin redes territoriais, Javier Milei, líder de La Libertad Avanza, triunfou nas eleccións presidenciais arxentinas de novembro de 2024. A pesares do avance das novas dereitas a nivel global, a súa vitoria sorprendeu a políticos, analistas, periodistas, intelectuais e académicos locais. ¿Como comprender a aparición da dereita radical no país? ¿Cales son as súas características políticas e culturais? A conferencia recorre as condicións históricas que fixeron posible a chegada de Milei ao Poder Executivo. Á vez, interroga as súas diferencias e similitudes con outras dereitas do mundo, os seus vínculos co resto das forzas partidarias, a súa proposta cultural, a súa concepción do estado e da política, e a adhesión que concita o seu liderado. Con todo isto, búscase explorar as mutacións políticas que implica o fenómeno, e a súa novidade en relación á cultura democrática que rexe en Arxentina desde 1983.
Daniela Slipak. Doutora en Estudios Políticos pola École des Hautes Études en Sciences Sociales (Francia) e a Universidad de Buenos Aires (Arxentina). É Investigadora do Conicet, e Profesora de grao e de posgrao na Escuela IDAES da Universidad Nacional de San Martín e na Facultade de Ciencias Sociais da Universidad de Buenos Aires. Ademais, é Coordinadora do Centro de Estudios Sociopolíticos da Escuela IDAES. Os seus temas e áreas de investigación abarcan a nova esquerda latinoamericana, a violencia política, a historia recente e a teoría política. Publicou artigos en revistas académicas, e é autora de Las revistas montoneras e de Discutir Montoneros desde adentro (ambos libros editados por Siglo XXI).
Os Encontros Americanos na Granell teñen como fin ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América a través dun programa de conferencias mensuais que abordarán temas culturais, políticos, sociais, económicos ou de actualidade, de interese público e carácter divulgativo.
Os Encontros terán lugar na Fundación Eugenio Granell, organizados polo Grupo de Historia de América (HistAmérica) da USC, e cofinanciados pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura a través da súa convocatoria de axudas de dinamización cultural.
Os seus participantes serán especialistas procedentes do ámbito académico americano, español ou europeo, así como profesionais vencellados á realidade da rexión nas súas múltiples facetas.