Agenda

Eduardo Rey, membro do novo comité directivo de AHILA
-

AHILA, Asociación de Historiadores Latinoamericanistas Europeos, iniciou unha nova etapa institucional ao inscribirse como Asociación Internacional Sen Fins de Lucro de dereito belga (AISBL). Desde a creación da AISBL en 2020, o novo estatuto belga substitúe á antiga regulamentación, incorporando normas estandarizadas destinadas a aumentar a participación dos membros na toma de decisións, garantindo a transparencia.

Nas eleccións levadas a cabo durante a Asemblea Xeral do 5 de setembro, na Basilica di San Giovanni Maggiore, resultou elixida a candidatura "Construíndo xuntos o futuro dos estudos latinoamericanos", e en consecuencia os membros do renovado equipo directivo son:

 

Presidencia

Raffaele Nocera

Universidad de Nápoles L’Orientale (Italia)

 

Secretaría Xeral

Eduardo Rey

Universidade de Santiago de Compostela (España)

 

Vicepresidencia Latinoamericana

Claudia Rosas Lauro

Pontificia Universidad Católica del Perú (Perú)

 

Vicepresidencia Europea

Michal Zourek

Universidad de Mendel en Brno (República Checa)

 

Editora Xeral

Erica Sarmiento

Universidade do Estado do Rio de Janeiro (Brasil)

 

Tesorería

Dorothee Chouitem

Sorbonne Université Institut d’Études Ibériques et Latino-Américaines (Francia)

 

A continuación o manifesto de intencións co que a candidatura resultou elixida:

 

"Construíndo xuntos o futuro dos estudos latinoamericanos"

Máis de 45 anos despois da súa fundación, AHILA segue sendo a principal institución europea de historiadores latinoamericanistas, con profundas raíces en América Latina. Con todo, na actualidade, a súa actividade e visibilidade concéntranse principalmente na organización dos seus congresos cada tres anos.

En cambio, AHILA ten un enorme potencial aínda por expresar, unha pluralidade de voces e un caudal de coñecementos por explotar nesta cambiante época que vivimos, que lle permitirían converterse nun futuro próximo nunha asociación de primeira orde a nivel mundial, sobre estudos latinoamericanos.

Coas nosas candidaturas pretendemos dar a AHILA o lugar que se merece no panorama internacional dos estudos latinoamericanos. Para sumarnos a este obxectivo, durante o próximos tres anos propoñemos:

 - Fortalecer a actividade de AHILA entre os congresos

- Potenciar aos e as mozas investigadoras como investimento no futuro dos nosos estudos e Asociación

- Consolidar o potencial de AHILA como espazo de contacto e estruturación dos estudos americanistas dentro de Europa e entre esta e con América Latina

 

Estes tres eixos de actuación desenvolveranse nas seguintes actividades principais:

- Potenciación dos grupos de traballo

- Impulsar o rol dos coordinadores nacionais

- Organización dun congreso de mozos investigadores/as Ampliar o apoio a mozos investigadores/as

- Renovación da Web

- Creación dunha base de datos de unidades e investigadores/as sobre América Latina