Do Entroido "bárbaro" aos "divertimentos civilizados" en Uruguai.
Dorothée Chouitem.
Xoves, 26 de febreiro, 2026. 19.00 h
Fundación Eugenio Granell, Praza do Toural s/n, Santiago de Compostela
Como manifestación social, o Entroido adáptase ás convulsións do tempo e só existe exercendo a súa crítica sobre o curso do mundo e sobre os poderosos do momento. Durante ese período, os individuos expóñense antes de retirarse ao seu universo íntimo, manifestan comportamentos inusitados caracterizados por un desencadeamento de feitos e palabras, unha verdadeira dislocación da orde social marcada por unha ruptura coas costumes e a moral establecida. Marcado pola alegría, o Entroido permite todas as liberdades porque, tradicionalmente, incitaba á xente a cometer maiores atrevementos, incluso en tempos de guerra ou de crise política, e revelaba os demos da personalidade oculta, como os da colectividade reprimida nos seus actos, como un xardín das delicias. Pero, que caracterizaba sobre todo a época da sensibilidade "bárbara" en Uruguai? Como evolucionou este Entroido ata converterse nun espectáculo que a poboación ofrécese a si mesma?
Dorothée Chouitem é profesora titular de Historia e Estudos culturais de América Latina na Universidade da Sorbona. É membro do CRIMIC e investigadora asociada do Centro de Estudos interdisciplinarios Uruguaios da UDELAR (Universidade da República-Montevideo). O seu campo de investigación céntrase na historia sociopolítica e cultural do Río da Prata (Séculos XX - XXI) e, máis.concretamente, nos conceptos de memoria e construción da identidade dunha nación.
Os Encontros Americanos na Granell teñen como fin ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América a través dun
programa de conferencias mensuais que abordan temas culturais, políticos, sociais, económicos ou de actualidade, de interese público e carácter
divulgativo.
Os Encontros teñen lugar na Fundación Eugenio Granell, organizados polo Grupo de Historia de América (HistAmérica) da USC, e cofinanciados pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura a través da súa convocatoria de axudas de dinamización cultural.
Os seus participantes son especialistas procedentes do ámbito académico americano, español ou europeo, así como profesionais vencellados á realidade da rexión nas súas múltiples facetas.