Agenda

Arxentina a 50 años do Golpe Militar. Nicolás Sillitti. Encontros Americanos na Granell
-
25 de marzo de 2026

Arxentina a 50 años do Golpe Militar.

Nicolás Sillitti.

Mércoles, 25 de marzo, 2026. 19.00 h

Fundación Eugenio Granell, Praza do Toural s/n, Santiago de Compostela

 

O golpe militar de 1976 significou unha rotura na historia da Arxentina e América Latina. A 50 anos daquel golpe reflexionaremos sobre o terror estatal e
os seus legados, a busca de xustiza por parte dos movementos de dereitos humanos e as diferentes miradas no conflito sobre o pasado ditatorial. Debatiremos sobre a construción dun consenso democrático nas últimas décadas e os difíciles desafíos que ese consenso atravesa no presente. 


Nicolás Sillitti é doutor en Historia por Indiana University. Os seus temas de investigación xiran arredor do nacionalismo, a cultura popular, o militarismo e o pacifismo nos séculos XIX e XX. Ensinou en distintas universidades de Arxentina, Estados Unidos e Europa. Actualmente dita clases sobre Historia de América na Universidade de Barcelona. Ademais, é un dos produtores e guionistas do podcast Historiar. 

 

Os Encontros Americanos na Granell


Os Encontros Americanos na Granell teñen como fin ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América a través dun programa de conferencias mensuais que abordan temas culturais, políticos, sociais, económicos ou de actualidade, de interese público e carácter divulgativo.

Os Encontros teñen lugar na Fundación Eugenio Granell, organizados polo Grupo de Historia de América (HistAmérica) da USC, e cofinanciados pola Vicerreitoria de Estudantes e Cultura.

Os seus participantes son especialistas procedentes do ámbito académico americano, español ou europeo, e profesionais vencellados á realidade da rexión.