Liñas de Investigación
HistAmérica naceu como grupo de investigación sobre América Latina a partir dunha primeira iniciativa nos anos 90 ao redor de temas migratorios. Desde entón ampliou os seus intereses de traballo ás relacións culturais e diplomáticas, a cultura, a literatura e o pensamento latinoamericano
Proxectos
Os enfoques de investigación do grupo foron trasladándose a proxectos de investigación estruturados dentro de marcos teóricos definidos, plans de traballo concretos e equipos multidisciplinares de membros da USC e outras universidades
Tesis
Desde 2001 ata a actualidade no seo de HistAmérica foron defendidas 23 teses de doutoramento (17 desde 2014), mostra a evolución do grupo e do seu crecemento en actividade científica e académica na última década. Ata 2026 espérase defender 10 novas teses
Investigadores Visitantes
En colaboración cos programas de estancias de investigación da propia USC e das entidades de orixe, o grupo acolle investigadores visitantes de distinta índole, co fin de fortalecer a colaboración investigadora