González Lage

Doutora en Historia (USC, 2025)

Profesora contratada interina UdV

Valeria González Lage é graduada en Historia (2015), máster en Historia Contemporánea (2016) e doutora en Historia (2025) pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese «Construyendo la identidad revolucionaria. Pensamiento, cultura y edición en Cuba durante los sesenta», dirixida por Eduardo Rey Tristán e Patricia Calvo González. Actualmente é profesora substituta na Universidade de Vigo e colaboradora externa de HistAmérica.

Rodrígues López

Doutor en Historia

Titulado superior investigador, Universidad de León

Graduado en Historia pola Universidad de León (2014), máster en Historia Contemporánea (2015) e doutor en Historia Contemporánea (2020) pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente traballa como investigador no Departamento de Didáctica General, Específicas y Teoría de la Educación da Universidad de León.

 

Villar Mahía

Máster en Historia Contemporánea (2024)

Iria Villar Mahía é graduada en Historia pola USC (2023) e máster interuniversitario en Historia Contemporánea (2024). Os seus estudos dedícanse á análise da violencia política e a memoria en Cuba e Alxeria, que constitúen o tema da súa tese de doutoramento en elaboración.

Chouciño Fernández

Doutora en Filoloxía
Profesora titular de Literatura Hispanoamericana

Ana Chouciño Fernández é profesora titular de Literatura Hispanoamericana na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en Filoloxía Inglesa (1988). Doutorouse cum laude na Universidade de Kansas (1994) coa tese Radicalizar e interrogar los límites: Poesía Mexicana 1970-1990, traballo que recibiu o premio extraordinario Dorothy Hadlung á mellor tese de doutoramento do ano 1994.

Morales Aguilera

Doutor en Historia

Profesor contratado interino USC

Doutor en Historia Contemporánea pola Universidad Autónoma de Madrid e profesor contratado interino no Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, na área de Historia de América.

As súas liñas de investigación son a historia contemporánea de América Latina e a violencia política, con especial atención ao Chile do século XX.

Guillama Camba

Máster en Historia Contemporánea (2017)

Ruxandra Guillama Camba é licenciada en Historia pola Universidad de La Habana (1999) e máster en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela (2017). Actualmente realiza a súa tese de doutoramento nesta universidade.

Ágreda Portero

Doutor en Historia

 

 

 

Miembro del equipo Histamerica en la Universidad de Santiago de Compostela (USC).