Agenda

Nadal Latinoamericano: sincretismo e tradicións. Umberto Guillén, Marcia Hattori, José Luis Facenda, Alejandro Alegría, Luz Pulido, María Fernanda Núñez. Ciclo de Encontros Americanos na Granell
-
20 de decembro de 2023

NADAL LATINOAMERICANO: SINCRETISMO E TRADICIÓNS


Música: Umberto Guillén Trujillo


Participantes: Marcia Hattori (Brasil), José Luis Facenda Caro (Cuba),  Alejandro Alegría (Chile), Luz Pulido (México), María Fernanda Núñez Uzcátegui (Venezuela)

Mércores, 20 decembro, 2023. 19.00h

Fundación Eugenio Granell, Praza do Toural s/n

 

Os Encontros Americanos na Granell chegan ao seu peche en 2023. Para despedir este ciclo arredor da cultura, da historia e da realidade política latinoamericana, propoñemos unha actividade centrada nos costumes, singularidades e diversidade do Nadal en América Latina. Relatores de Brasil, Cuba, Chile, México e Venezuela afondarán no sincretismo e na evolución histórica das tradicións latinoamericanas do Nadal, trazando dinámicas compartidas e singularidades nacionais. O músico venezolano Umberto Guillén Trujillo acompañará as intervencións con composicións festivas de cada país.

Os Encontros Americanos na Granell teñen como fin ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América a través dun programa de conferencias mensuais que abordarán temas culturais, políticos, sociais, económicos ou de actualidade, de interese público e carácter divulgativo.

Os Encontros terán lugar na Fundación Eugenio Granell, organizados polo Grupo de Historia de América (HistAmérica) da USC, e cofinanciados pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura a través da súa convocatoria de axudas de dinamización cultural.

Os seus participantes serán especialistas procedentes do ámbito académico americano, español ou europeo, así como profesionais vencellados á realidade da rexión nas súas múltiples facetas.