Mércores 14 de outubro,
De raíz profunda: apuntes para unha breve historia das relacións entre Cuba e Galicia
Pilar Cagiao Vila e Nancy Pérez Rey
Museo de Belas Artes da Coruña. 19:30 horas
Cuba e Galicia comparten unha longa historia tecida a través do Atlántico, construída a partir de viaxes, emigración, encontros e intercambios. A conferencia propón un percorrido en dous tempos: unha aproximación aos principais momentos e protagonistas destas relacións, desde a emigración galega ata a súa presenza na vida cultural e social da illa, e unha segunda parte dedicada ao exilio galego en Cuba e á experiencia das propias investigadoras no traballo de localización, acceso e estudo de fontes documentais cubanas, unha tarefa á que dedicaron anos de investigación. Unha viaxe entre dúas beiras para comprender como emigración, exilio, cultura e investigación foron construíndo unha raíz profunda e compartida.