Agenda

Encontros Americanos na Granell. Ciclo de conferencias
-
2023

Encontros Americanos na Granell, o novo ciclo de conferencias organizado polo grupo HistAmérica

Os Encontros Americanos na Granell teñen como fin ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América a través dun programa de conferencias mensuais que abordarán temas culturais, políticos, sociais, económicos ou de actualidade, de interese público e carácter divulgativo.

Os Encontros terán lugar na Fundación Eugenio Granell, organizados polo Grupo de Historia de América (HistAmérica) da USC, e cofinanciados pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura a través da súa convocatoria de axudas de dinamización cultural.

Os seus participantes serán especialistas procedentes do ámbito académico americano, español ou europeo, así como profesionais vencellados á realidade da rexión nas súas múltiples facetas.

Os próximos Encontros abordarán as comisións da verdade (24 de maio) e o proceso de paz colombiano (21 de xuño). Tralo parón estival, retomarán a súa actividade o mércores 20 de setembro para continuar a súa andaina como programación americanista estable en Santiago de Compostela.